jueves, 2 de noviembre de 2017

Previa 10ª Xornada

Nesta xornada chegamos ao primeiro tercio do campeonato. Destaca o enfrentamento dos dous perseguidores directos do sólido, polo de agora, líder.

Xornada 10
Paula - Óscar
Artur - J. Miño
Guimil - Sartal
xc - Jano
Elena - Roberto
Cris_Nico - César
Fon - Lino
María - David


Paula - Óscar; rachas opostas; o visitante preséntase tras tres derrotas seguidas mentres a local tentará obter a súa terceira vitoria consecutiva.
Artur - J. Miño; ambos veñen de ser derrotados e están moi necesitados dunha vitoria para non afastarse máis do pelotón de cabeza.
Guimil - Sartal; o visitante tentará romper a súa serie negativa de 4 derrotas no campo do peor local do campionato.
xc - Jano; cuarto por arriba contra cuarto por abaixo tras gañar os seus partidos a xornada pasada.
Elena - Roberto; Pechacancelas contra líder. A hora dos mataxigantes.
Cris_Nico - César; o visitante tentará non volver caer na serie negativa que rompeu a semana pasada ante uns locais en progresión.
Fon - Lino; Match of the week. Segundo contra terceiro. O resultado pode levar un intercambio de posicións.
María - David; despois de celebrar o seu aniversario a local tentará que a festa continúe fronte a un David que tentará recuperar posicións.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario