Jano – César; só tres puntos separan a dous
equipos que loitan por fuxir da zona baixa
Paula - Artur; difícil visitante para un equipo
local que quere manter o seu posto de pódium
Lino - Guimil; o visitante tentará continuar a
súa boa serie para poder alcanzar os puntos dun equipo local que vén de plantar
cara ao líder.
J. Miño - Elena; dous puntiños nada máis separan a
dous equipos que ven unha oportunidade para escapar a climas máis templados.
Fon - Cris_Nico; o segundo por arriba contra o
segundo por abaixo. Ollo, que é semana de sorpresas (mira o Leganés…)
Óscar - David; Non debería ter problemas o
visitante no duelo illescano. Óscar cada vez é máis Latorre Latorre.
xc- María; Match of the week. Cuarto contra
quinta e empatados a puntos. Lonxe queda aquel día nas Negras en que estes dous
equipos foron fundados ao unísono.
Sartal- Roberto; Un líder cada vez máis afastado
de Simeone e máis próximo a Zidane conta con que caia cara outra vez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario